CERDOLÍ
O cerdolí / Imaxe: Diario de Navarra
O "cerdolí", a especie de recente aparición na nosa fauna é o resultado do cruzamento do porco vietnamita co xabaril.
Poderíase dicir que a aparición do «cerdolí» é caprichosa, porque é froito do capricho do ser humano. Hai uns anos púxose de moda ter nas casas unha adorable especie exótica como é o porco vietnamita. A imaxe do actor George Clooney, que adoptou un exemplar desta especie durante os anos 90 e comezos dos 2000, disparou a fama deste animal e foron moitas as persoas que se fixeron cun. Pero estes animais acadan os 80 quilos e faise difícil mantelos nas vivendas urbanas convencionais.
Os donos máis sensatos entregaron os seus exemplares a centros de protección animal. Pero houbo outros que directamente abandonaron ás súas mascotas no monte. O porco vietnamita asilvestrouse en poucos meses e os seus gustos e necesidades alimenticias lévanlles a aproximarse aos jabalíes.
O porco vietnamita é un animal exótico que non é autóctono de España, nin tan sequera de Europa, senón que procede de Asia. Ao mesturarse co xabaril está a converterse nunha nova especie exótica. A especie resultante é un animal algo máis pequeno que o xabaril que alcanza entre 80 e 100 quilos de peso. Adquiriu o pelo do xabaril, máis longo e abundante que o do porco vietnamita. Pola contra, o fuciño resultou chato, como o dos porcos.
Pero o verdadeiramente alarmante é que se considera xa unha especie invasora. De feito, o comité científico que asesora ao Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, aconsellou no ano 2014 incluílo como unha das especies exóticas invasoras existentes en España, aínda que este paso aínda non se deu.
O "cerdolí" adquiriu a capacidade reprodutiva dos porcos, ata 16 crías ao ano, o que fai que se reproduzan moito máis que a especie autóctona, os jabarís, que adoitan ter unha camada ao ano de 3 ó 4 jabatos nas femias novas e 6 nas maiores. Só en contadas ocasións teñen dúas camadas ao ano. Ademais, os xenes procedentes do porco vietnamita, unha especie doméstica, fai que estes animais non teñan medo a achegarse ao ser humano, o que fai que non teñan reparos en achegarse aos campos agrícolas traballados polo ser humano.
Un problemón!
FONTE: Anna Cabeza/xornal abc/sociedade
0 comentarios