BILLETES DO MUNDO XXV
Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Cuba (República de Cuba), un país insular asentado nun aquipiélago do mar Caribe. A súa moeda de curso legal é dobre, por un lado o peso cubano (CUP) e por outro o peso cubano convertible (CUC). En 2013 propúxose a unificación do peso cubano co peso cubano convertible, para así deixar un só circulante como moeda de curso legal, e evitar os traumatismos que orixina o ter un sistema monetario dobre, pero aínda a día de hoxe esta unificación non se concretou e nin sequera prevese para cando pode ser posible. Ámabalas dúas moedas están divididas en 100 centavos.
Do peso cubano existen moedas de 1, 2, 5 e 20 centavos e 1, 3 e 5 pesos. En canto a billetes hainos de 1, 3, 5, 10, 20. 50, 100, 200, 500 e 1.000 pesos.
Do peso cubano convertible existen moedas de 1, 5, 10, 25 e 50 ecntavos e 1 e 5 pesos cubanos convertibles. En canto aoa billetes hainos de 1, 3, 5, 10, 20, 50 e 100 pesos.
1 peso cubano convertible = 26,5000 pesos cubanos
1 peso cubano convertible = 0,9082 €
O banco emisor é o Banco Central de Cuba.
A modo de exemplo, aquí tes o billete de e pesos cubanos convertibles (CUC).
Mañá outro billete e outro país!
FONTE: monedasybilletes.jimdo.com e wikipedia
0 comentarios