OS 10 PAÍSES MÁIS PEQUENOS DO MUNDO (V)
Continúo coa serie 10 países que son os máis diminutos do globo, que todos eles teñen ás súas costas unha historia curiosa que lles fixo perdurar no tempo e algúns ocupan os primeiros postos na listaxe dos países máis turísticos, sendo o seu tamaño, precisamente, un dos seus encantos. Hoxé tócalle a...
5. Liechtenstein
Un minúsculo principado do centro da Europa, encravado nos Alpes. Non pertence á Unión Europea, pero si forma parte do espazo de libre circulación Schengen.
Superficie: 160 km2 Poboación: 38.557 (2019)
Capital: Vaduz Cidade máis poboada: Schaan
Idioma oficial: Alemán
Forma de goberno: Principado. Manarquía Constitucional
Moeda: Fr (Franco suízo)
Sen acceso ao mar, nin directo nin indirecto, debido a que os seus veciños (Suíza e Austria) tampouco teñen saída marítima, Liechtenstein é coñecido pola súa condición de paraíso fiscal e por ser un dos países máis ricos do mundo. A súa historia, monarquía e paisaxes alpinos son como sacados dun libro de contos do século XIX. E é que se este lugar non existise, alguén o inventaría. Con só 25 quilómetros de longo por 12 quilómetros de anchura no seu punto máis ancho, carece de aeroporto internacional, chegando dende Suíza nun autobús urbano. Con todo, é un rico Estado financeiro e entre as súas extravagancias figura que é o maior exportador mundial de dentaduras postizas. Case todos os viaxeiros pasan de longo por Liechtenstein camiño de Suíza, parando só para fotografar o castelo de Vaduz e que lles estampen, a maneira de lembranza, un selo no pasaporte. E é unha pena, porque o país posúe unha abafadora beleza natural para o seu diminuto tamaño. Se un penetra nos agrestes Alpes máis aló de Vaduz, de súpeto, este micro-Estado xa non parece tan pequeno. Poderemos descubrir por exemplo Malbun, a súa única estación de esquí, perfecta para principiantes, ou seguir o famoso carreiro de Fürstenteig, un rito de paso para todos os habitantes do país e un dos moitos carreiros ben sinalizados que cobren máis de 400 quilómetros. E para visitar un castelo que non sexa o de Vaduz, un podo achegarse a Burg Gutenberg, do século XIII, cunha rechamante silueta que se recorta no horizonte.
FONTE: Lonel Planet/el pais.com e es.wikipedia.org
0 comentarios