Blogia
vgomez

O NOME DTRIMERESURUS SALAZAR: UNHA SERPE NA HONRA DUN PERSONAXE DE HARRY POTTER



Un equipo de científicos da India descubriu unha nova especie do xénero de víboras Trimeresurus que vive nas terras baixas do oeste do estado de Arunachal Pradesh. Bautizárona  como víbora de salazar (Trimeresurus salazar) en honra a Salazar Slytherin, o cofundador e mago ficticio da Escola Hogwarts da escritora  J. K. Rowling que era capaz de falar coas serpes a través da lingua Parsel.

Trátase dunha curiosa víbora verde que pode atoparse nas partes orientais da cordilleira do Himalaya a unha altura de ao redor de 170 metros. Unha única franxa laranxa avermellada que vai desde a parte inferior do ollo ata a parte posterior da cabeza nos machos distingue a esta especie doutras víboras verdes coñecidas e que agora foi descrita na revista Zoosystematics and Evolution.

A serpe verde non é o primeiro organismo que leva o nome dun personaxe da saga de Harry Potter: Lusius malfoyi, por exemplo, é un insecto de Nova Zelandia chamado así polo  antagonista "redimido" Lucius Malfoy; o  dementor Ampulex, é unha especie de avespa cascuda nativa a Tailandia; Eriovixia gryffindori, é unha pequena araña con forma de chapeu que leva o nome de Godric Gryffindor, outro cofundador de Hogwarts; Aname aragog e Lycosa aragogi, son dúas especies de arañas co nome de araña mascota xigante de Hagrid. Tamén está Harryplax severus, un cangrexo nativo de Guam, chamado así por Harry Potter e Severus Snape.

Estes nomes non son só por diversión (aínda que resulten bastante divertidos). Un nome pegadizo pode xerar unha atención positiva cara a estas especies e a súa contorna.

FONTE: muyinteresante.es Imaxe: Aamod Zambre and Chintan Seth, Eaglenest Biodiversity Project

0 comentarios