Blogia
vgomez

A PERDA DE AUGA DO COMETA BORISOV

O cometa Borisov é o segundo visitante interestelar / NASA/ESA/D. Jewitt (UCLA)

O segundo "viaxeiro" chegado desde máis aló do noso Sistema Solar, 2I/ Borisov, trouxo máis certezas que o seu sucesor, o enigmático Oumuamua. Despois de confirmar que se trata dun cometa (do primeiro corpo  interestelar díxose mesmo que era unha nave espacial varada debido ao seu estraño comportamento) e facer unha radiografía de "cabeza á cola" do mesmo, agora, o Observatorio Swift Neil Gehrels da NASA logrou calcular por primeira vez a auga que perdeu no seu percorrido ao seu paso pola nosa veciñanza cósmica.

Os cometas, incluídos este, son obxectos conxelados de gases mesturados con po, a miúdo chamados "bólas de neve sucias". Ao achegarse ao Sol, o material conxelado na súa superficiese quéntase e convértese en gas. Cando a luz solar separa as moléculas de auga, un dos fragmentos é hidroxilo, unha molécula composta por un átomo de osíxeno e un átomo de hidróxeno. É así como a NASA detectou a pegada dixital da luz ultravioleta emitida por este composto no viaxeiro interestelar, segundo explica nun comunicado.

Entre setembro e febreiro pasados, o observatorio fixo seis observacións de Borisov: viu un aumento do 50% na cantidade de hidroxilo e, por tanto, auga que Borisov expulsou entre o 1 de novembro e o 1 de decembro, que foi só sete días desde o encontro máis próximo do cometa co Sol.

Na actividade máxima, Borisov arroxou 30 litros de auga por segundo, suficiente para encher unha bañeira nuns 10 segundos. Durante a súa viaxe a través do Sistema Solar, o cometa perdeu cas 230 millóns de litros de auga, suficiente para encher máis de 92 piscinas olímpicas. A medida que se afastou do Sol, a perda de auga diminuíu. Aínda que non o fixo dunha forma normal, senón máis rapidamente que calquera cometa observado anteriormente.

As medicións de produción de auga do observatorio da NASA tamén axudaron a mostrar que o tamaño mínimo de Borisov é de menos de 740 metros de ancho. O equipo estima que polo menos o 55% da superficie do cometa interestelar arroxaba material activamente cando estaba máis preto do Sol. Esa é unha gran fracción en comparación coa maioría dos cometas do Sistema Solar observados.

Borisov ten algúns trazos en común cos cometas da nosa contorna. O seu aumento na produción de auga ao achegarse ao Sol foi similar aos obxectos observados anteriormente. Outras moléculas no inventario químico deste viaxeiro interestelar, e as súas abundancias, tamén son similares aos cometas de colleita propia.

Por exemplo, con respecto ao hidroxilo e ao cianógeno, un composto de carbono e nitróxeno, Borisov produciu unha pequena cantidade de carbono diatómico, unha molécula feita de dous átomos de carbono e amidóxeno, unha molécula derivada do  amoníaco. Ao redor do 25% ao 30% de todos os cometas do Sistema Solar comparten ese rasgo.

FONTE: abc.es/ciencia

0 comentarios