OS 10 PAÍSES MÁIS PEQUENOS DO MUNDO (IV)
Continúo coa serie 10 países que son os máis diminutos do globo, que todos eles teñen ás súas costas unha historia curiosa que lles fixo perdurar no tempo e algúns ocupan os primeiros postos na listaxe dos países máis turísticos, sendo o seu tamaño, precisamente, un dos seus encantos. Hoxé tócalle a...
4. Illas Marshall
Un país insular situado no océano Pacífico, na rexión da Micronesia, composta maiormente por atois coralinos nos que a elevación non supera os nove metros como máximo. Os principais son: Kwajalein, Jaluit, Majuro, Bikini e Enewetak.
Superficie: 181 km2 Poboación: 58.413 (2018)
Capital e cidade máis poboada: Majuro
Idiomas oficiais: Marahalés e Inglés
Forma de goberno: República
Moeda: $ (Dólar estadounidense)
As Marshall é un dos países máis novos do planeta, debido a que obtiveron a independencia completa hai só tres décadas, o 22 de decembro de 1990. Con todo, para todos os efectos son unha colonia subsidiada de Estados Unidos, que vive sobre todo da produción de copra (pulpa seca do coco necesaria para fabricar aceite de coco), a pesca de subsistencia e, cada vez máis, do turismo. As caras dos nativos reflicten a historia destas illas da Micronesia. A finais do século XVIII, tras 2.000 anos de illamento, foron visitadas, poboadas, colonizadas ou ocupadas por británicos, rusos, alemáns, xaponeses e estadounidenses (ao principio por misioneiros, despois por tropas). Hoxe, os atois máis desenvolvidos acusan todas estas influencias, con tendas ben variadas que venden comestibles internacionais, restaurantes con pratos de distintos países e canchas de baloncesto. Nas rúas máis humildes, os marshaleses continúan vivindo en recintos familiares rodeados de flores. O encanto das Marshall reside nas súas illas exteriores, que conservan o aire virxinal dun paraíso no Pacífico. Como o Atol Arno, cunhas augas magníficas para a pesca de altura, ou o Atol Bikini, que tras unha tráxica historia como zona de ensaios nucleares hoxe é unha das principais zonas de mergullo de Micronesia. A súa gran atracción: mergullar con quenllas ou entre os restos afundidos do portavións Saratoga.
FONTE: Lonel Planet/el pais.com e es.wikipedia.org
0 comentarios