ANIMAIS RAROS V (FIN)
Remato coa serie animais raros, ises seres de inconcibible aparencia, pero que son animais reais como a vida mesma e habitan no noso mundo.
5. Axolote mexicano (Ambystoma mexicanum)
O axolote é unha especie de anfibio que ao alcanzar a idade adulta conserva os seus trazos da fase alevín / Imaxe: Ruben Undheim/bbvaopenmind.com
O axolote mexicano gañouse un sitio no universo Pokemon grazas ao seu peculiar aspecto de cágado xigante. E en esencia, iso é o que é. O axolote é unha especie de anfibio que ao alcanzar a idade adulta non pasa por un proceso de metamorfose, senón que conserva todos os trazos da súa fase alevín, axigantados nun corpo groso e fusiforme de ata 30 cm de lonxitude. Nel destacan a súa gran cabeza (aplanada cun par de diminutos ollos sen pálpebras), unha voluminosa cola e unhas patas ridículamente pequenas e delgadas rematadas cuns dedos finos e puntiagudos.
Endémico do sistema lacustre do val de Mexico, pasa case todo o tempo baixo a auga grazas a tres xogos de branquias a cada lado da cabeza. Aínda que ten uns sacos pulmonares apenas desenvoltos, que lle brindan pequenos momentos de respiro fóra da mesma. Visto o visto, resulta ata lóxico que os antigos aztecas bautizáseno como axolotl ou “monstro da auga”. Máis aínda cando se descobre que conta cunha boca armada de máis dun centenar de diminutos dentes, dispostos en fileiras, e unha lingua retráctil que lle serve para cazar pequenos peixes, alevíns e mesmo congéneres aos que primeiro atrapa entre os dentes e logo succiona de golpe.
Máis aló de por a súa aparencia, o axolote suscita gran interese entre os científicos, que o estudan pola súa incrible capacidade de rexeneración, que non só limítase a apéndices e extremidades (como nas lagartixas) senón que tamén lle permite recuperar estruturas e órganos vitais, e mesmo partes do cerebro. As investigacións realizadas con axolotes mostran a súa capacidade para restaurar a funcionalidade total de extremidades e órganos doutros individuos trasplantadas e/ou implantadas.
FONTE: www.bbvaopenmind.com/ciencia/biociencias
0 comentarios