Blogia
vgomez

NOVA ESPECIE DE POLBO DUMBO


A nova especie de polbo Dumbo bautizado como Grimpoteuthis imperator foi identificada e clasificada sen necesidade de diseccionar ao animal, grazas a un escaneo non invasivo.

Descuberto nunha crista montañosa submarina no noroeste do océano Pacífico, os investigadores identificaron á criatura a través dunha combinación de imaxes de resonancia magnética (MRI) de campo alto e tomografías microcomputadas (micro- CT), ademais dunha análise xenética minimamente invasiva realizada en mostras de tecido.

"En zooloxía, as descricións de especies baséanse convencionalmente en técnicas morfolóxicas invasivas, o que con frecuencia dá lugar a danos nos especímenes e, por tanto, só a unha comprensión parcial da súa complexidade estrutural. Aquí presentamos unha combinación de métodos totalmente non invasivos e minimamente invasivos que permiten descricións  taxonómicas de grandes  especímenes  zoológicos dunha maneira máis completa", explican os autores no seu estudo publicado na revista BMC Biology.

Estes animais descenden a uns 7.000 metros baixa a auga. A forma do caparazón, a posición da aleta e a lonxitude do brazo deste polbo identifícano como do xénero Grimpoteuthis. A miúdo dáselles o nome de Dumbo debido á súa similitude co personaxe clásico do tenro elefante de Disney do mesmo nome, grazas a dúas grandes aletas de cabeza que podes ver na imaxe superior.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

0 comentarios