BILLETES DO MUNDO XXVI
Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Australia (Comunidade de Australia / Commonwealth of Australia), un país de Oceanía que ocupa a principal masa continental da plataforma chamada Sahul, ademais dalgunhas illas nos océanos Pacífico, Índico e Antártico. A súa moeda de curso legal é o dólar australiano (AUD), séndoo tamén no Territorio Antártico Australiano, a Illa de Nadal, as Illas Cocos, as Illas Heard e illas McDonald e a Illa de Norfolk, así como dos estados independentes do Pacífico de Kiribati (xunto co dólar de Kiribati), Nauru e Tuvalu (xunto co dólar tuvalés). Está dividida en 100 cents. Existen moedas de 5, 10, 20 e 50 cents e 1 e 2 dólares. En canto aos billetes hainos de 5, 10, 20, 50 e 100 dólares. 1 dólar australiano = 0,612981 €. O banco emisor é o Banco da Reserva de Australia / Reserve Bank of Australia)
A modo de exemplo, aquí tes o billete de 5 dólares australianos.
Mañá outro billete e outr país!
FONTE: northernstar.com.au e wikipedia
0 comentarios