SABES DE QUE CIENTIFICO/A ESTOU A FALAR? IV

Julius Robert Oppenheimer / Imaxe: estructurasistemica.wordpress.com
A solución á proposta do día anterior é Julius Robert Oppenheimer (Nova York-EE UU, 1904 - Princeton-Nova Jersey-EE UU, 1967). Oppenheimer, foi un físico teórico estadounidense de orixe xudía e profesor de física na Universidade de California en Berkeley. Coñecido coloquialmente como "o pai da bomba atómica" foi o director científico do proxecto Manhattan desenvolto en segredo en Alamogordo, Novo México; o proxecto que fixo realidade as primeiras bombas nucleares da historia.
E imos coa proposta de hoxe!
4. Trátase dun médico francés e descubriu o VIH, virus que causa a SIDA. Foi...
- Luc Montagnier
- Jonas Salk
- Wilhelm Röntgen
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es
0 comentarios