A ÁRBORE MÁIS LONXEVA DE ESPAÑA
Farga de Arión / Imaxe: WIKIMEDIA
Hai uns anos, a Farga de Arión, unha oliveira que se alza en Ulldecona (Tarragona), converteuse na árbore máis lonxeva de España. Foi plantada alá polo ano 314, en tempos do emperador Constantino I (306-337 dC.)
Un equipo da Universidade Autónoma de Madrid datou a súa idade en 1.701 anos, cifra obtida tras o estudo do perímetro do tronco mediante telemetría láser.
Un fermoso monumento vivo, aínda produtivo, cun espectacular perímetro de tronco de 8 metros e 1,30 metros de altura.
FONTE: Espacioeco/Xornal El País
0 comentarios