Blogia
vgomez

INVENTOS ACCIDENTAIS QUE CAMBIARON O MUNDO II

Continúo coa serie Inventos accidentais que cambiaron o mundo dos últimos dous séculos, onde descubriremos como o azar e non o tradicional, longo e lóxico proceso de pensamento, reflexión, experimentación e desenvolvemento, xogou un papel crave nalgúns dos máis grandes inventos do mundo. Hoxe...

2. Microondas

1945. Ese ano, Percy Spencer, enxeñeiro da Corporación Raytheon, estaba a traballar nun proxecto relacionado co radar. Mentres probaba un novo tubo sen carga, chamado magnetrón, descubriu que unha tableta de chocolate que tiña no peto  derritiuse máis rápido do que esperaba. Ante a dúbida, comezou a experimentar apuntando o tubo a outros artigos, como ovos (que estoupou) ou mesmo grans de flocos de millo (coceu e inchou). Tras os experimentos, concluíu que a calor percibida polos obxectos proviña da enerxía de microondas. Pouco despois, o 8 de outubro de 1946, Raytheon presentou unha patente para o primeiro microondas que pesaba máis de 300 quilos e medía 1,68 cm de alto.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es Imaxes: carrefour.es

0 comentarios