Os récords de lonxevidade do reino animal (III)
Continúo coa serie adicada aos numerosos exemplos de lonxevidade extrema no reino animal existen numerosos exemplos. O estudo destes casos achega á comunidade científica novos instrumentos para estudar como reverter o aparentemente inexpugnable proceso de envellecemento.
Se onte falamos do coral negro, hoxe tócalle á esponxa barril.
3. Esponxa barril
A esponxa barril (Xestospongia testudinaria) é unha demoesponxa da familia Petrosiidae así chamada pola súa característica forma de barril. Atópase no océano Índico, en augas de Filipinas, Indonesia, Malaisia e Nova Caledonia. O máis interesante é a asombrosa capacidade destes organismos para non sucumbir ao paso do tempo. Neste sentido, documentouse que esta especie pode chegar a vivir uns 2.000 anos, o que lle valeu o nome de ‘sequoia do arrecife’, pois ademais de lonxevas, teñen un tamaño máis que considerable.
Esta especie ten diferentes cores que van desde marrón a rosa, coa apertura pálida. Nas zonas intermareais, esta especie varía entre 10 e 20 cm de diámetro, e mide ao redor de 10 a 20 cm de altura.
FONTE: Sergi Alcalde/ nationalgeographic.com.es Imaxe: Shutterstock
Continuará...
0 comentarios