CRUCIGRAMA LETRAS GALEGAS 2020 (I)
VERTICAIS: 2. Primeiro apelido do escritor mindoniense, homenaxeado no ano 1991, autor do conxuto e relatos Xente de aquí e de acolá 4. Primeiro apelido do escritor cambadés, homenaxeado no ano 1976, alcumado como Poeta da Raza 7. Primeiro apelido do poeta ourensán, homenaxeado o ano pasado, 2019 8. Nome polo que se coñecía ao etnógrafo ourensán Xaquín Lorenzo Fernández, homenaxeado no ano 2004.
HORIZONTAIS: 1. Primeiro apelido do escritor ourensán, homenaxeado no ano 1981, autor da novela O porco de pé 3. Primeiro apelido do "bardo de Bergantinos", homenaxeado no ano 1965 e autor da letra do nos himno 5. Apelidos (xuntos) do escritor ferrolán homenaxeado iste ano 2020 6. Apelido utilizado polo escritor lugués (resultado da unión dos seus dous apelidos), homenaxeado no ano 2010, autor dun libro de poemas titulado Os eidos 9. Primeiro apelido do escitor, considerado un dos pais do nacionalismo galego, e que se lle adicou o segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964 10. Adicóuselle o primeiro Día das Letras Galegas (nome), no ano 1963.
Continuará...
0 comentarios