Blogia
vgomez

UN NOVO MILPÉS CON 414 PÉS E 4 PENES.

UN NOVO MILPÉS CON 414 PÉS E 4 PENES.

A nova especie de milpés Illacme tobini / Imaxe: Paul Marek, Virginia Tech

Nunhas covas do Parque Nacional Sequoia de California, Jean Krejca, da compañía Zara Enviromental LLC, descubríu unha nova especie de milpiés, que foi recoñecida como un primo evolutivo do animal con máis patas do planeta, o Illacme plenipes. O novo milpés, chamado Illacme tobini, posúe "só" 414 pés, en comparación co seu parente de 750, pero ten un conxunto de características anatómicas tan estrañas como un corpo armado con 200 glándulas de veleno, pelos sericígenos (que orixinan seda) e catro penes. O estudo foi publicado na revista ZooKeys.

Ademais de tantas patas, o novo milpiés tamén ten un aparello bucal de aspecto estraño cunha función misteriosa, catro patas modificadas en penes, un corpo cuberto de longos pelos sericígenos e boquillas emparelladas en cada un dos seus máis de 100 segmentos que arroxan a barullo un produto químico defensivo de natureza descoñecida.

FONTE: xornal abc/ciencia

0 comentarios