Blogia
vgomez

A CAVEIRA DO FURACÁN MATTHEW

A CAVEIRA DO FURACÁN MATTHEW

 

As nubes que se forman nun furacán poden ter tantas formas como persoas que o miran nun momento determinado. O furacán Matthew conxelado nun momento no que parecía forma de caveira representa á perfección este fenómeno. A foto, compartida polo meteorólogo Stu Ostro, amosa a Matthew cando tocaba terra en Haití a principios do pasado mes de outubro.

Un furacán é o elemento máis monstruoso e máis destrutivo que hai, o máis criminal. Velo representado como unha caveira parece a asociación perfecta. Pero ademais, o sorriso irónico que se debuxa no cranio está formada xusto na zona onde máis mortífero resulta.

FONTE: Verne/Xornal El País

0 comentarios