Blogia
vgomez

O GARFO XIGANTE

 

Esta fotografía non é unha montaxe, é real. Tratase dunha escultura de aceiro inoxidable que está no medio do lago Leman, na cidade de Vevey (Suíza), sendo o maior garfo do mundo: uns 8 metros de alto, por metro e medio de ancho e pesa preto de 450 quilos. A obra (La Fourchette Geante - O garfo xigante) foi realizada polos artistas suizos Jean Pierre Zaugg e Georges Favre e instalado en 1995 con motivo do décimo aniversario de Alimentarium, un museo dedicado á alimentación situado a poucos metros da obra.

FONTE: elterritorio.com.ar / Imaxe:Ap

0 comentarios