INVENTOS ACCIDENTAIS QUE CAMBIARON O MUNDO IX
Continúo coa serie Inventos accidentais que cambiaron o mundo dos últimos dous séculos, onde descubriremos como o azar e non o tradicional, longo e lóxico proceso de pensamento, reflexión, experimentación e desenvolvemento, xogou un papel crave nalgúns dos máis grandes inventos do mundo. Hoxe...
9. Plástico
Aínda que os plásticos iniciais baseáronse en material orgánico, o primeiro plástico totalmente sintético inventouse en 1907 cando Leo Hendrik Baekeland creou accidentalmente a baquelita. Foi a primeira substancia plástica totalmente sintética. Baekeland combinou formaldehído con fenol, un produto de refugallo do carbón, e someteu a mestura á calor. En lugar dun material similar á goma laca, creara un polímero único, pois non se derretía baixo calor ou tensión. O novo plástico termoestable usouse para todo, desde teléfonos ata xoias e reloxos e marcou o comezo dunha era de novos materiais sintéticos na que seguimos vivindo hoxe día.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es
0 comentarios