Blogia
vgomez

O NÚCLEO INERNO DA TERRA XIRA

O núcleo interno da Terra, unha masa quente situada no mesmo centro do noso planeta, está a virar a aproximadamente 0,05-0,1 graos por ano, segundo unha nova análise de datos sísmicos de terremotos realizado por científicos da Universidade de Illinois en Urbana-Champaign e publicado na revista Earth and Planetary Science Letters.

O certo é que os xeólogos non entenden do todo como funciona o xerador de campo magnético da Terra pero sospeitan que está intimamente relacionado cos procesos dinámicos preto da área límite entre o núcleo interno e o núcleo externo.

O novo estudo baseado en datos sísmicos e novos métodos de procesamento de datos revelou que o núcleo interno da Terra está a virar, un achado que podería proporcionar información detallada sobre os procesos que controlan o campo magnético do planeta. De feito, os científicos afirman que é "a mellor evidencia ata o de agora", dos procesos que controlan o campo magnético terrestre.

Os expertos descubriron, tras revisar datos sísmicos dunha gran variedade de localizacións xeográficas e terremotos repetidos, chamados dobretes (que ocorren no mesmo lugar co tempo), que algunhas das ondas sísmicas xeradas polo terremoto penetran a través do corpo de ferro debaixo do límite do núcleo interno e varían co paso do tempo, algo que non sucedería se o núcleo interno fose estacionario.

"En 1996, o noso grupo detectou por primeira vez un pequeno pero sistemático cambio das ondas sísmicas que pasaban polo núcleo interno, o que interpretamos como evidencia da rotación diferencial do núcleo interno en relación coa superficie da Terra", explica o coautor do estudo. "É importante destacar que estamos a ver que estas ondas refractadas cambian antes de que as ondas reflectidas reboten no límite do núcleo interno, o que implica que os cambios proveñen do interior do núcleo interno", aclara.

Segundo o autor do estudo, "o que fai que a nosa análise sexa diferente é o noso preciso método para determinar exactamente cando ocorren os cambios nos sinais sísmicas e chegan ás diversas estacións sísmicas de todo o mundo. Utilizamos unha onda sísmica que non alcanzou o núcleo interno como onda de referencia nos nosos cálculos, o que elimina moita ambigüidade”.

A base deste gran debate radica no feito de que os estudos anteriores analizaron un grupo relativamente pequeno de datos un pouco ambiguos xerados a partir dunha técnica que depende en gran medida da hora exacta do reloxo.

O dato máis rechamante do estudo é que a velocidade de rotación do núcleo terrestre é inferior a un grao cada millón de anos, isto é, que crece moi lento ao longo do tempo mentres o material sito no núcleo externo vaise solidificando na superficie.

Esta análise minuciosa do tempo de chegada, unha extensa colección de datos da mellor calidade e unha análise estatística coidadosa realizado, son os que lle dan poder a este estudo. Este traballo confirma que os cambios temporais proveñen principalmente, se non todos, do corpo do núcleo interno, e agora pódese descartar a idea de que os cambios na superficie do núcleo interno son a única fonte dos cambios de sinal ”.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es Imaxe: Michael Vincent

0 comentarios