O ORNITORRINCO DO DO TRIÁSICO
Recreación do Eretmorhipis, o ornitorrinco do Triásico / Gianluca Danini
Hoxe non sobreviviría, pero o Eretmorhipis non tiña rival na súa época. Hai 250 millóns de anos, no Triásico inferior, podíase atopar nadando nos mares pouco profundos de China a esta estraña criatura que se parece ao ornitorrinco actual pero que, en realidade, era un réptil mariño. Cun pico similar ao deste mamífero, tería un corpo longo e ríxido cunha envergadura de 70 centímetros, cabeza moi pequena e uns ollos diminutos. Ademais, contaba con catro aletas para nadar e unhas raras protuberancias nas súas costas. E ten intrigados aos científicos.
O estudo de dous novos fósiles que, ao contrario que os restos achados con anterioridade, conservaban a cabeza, foi publicado en Scientific Reports.
Os cranios tiñan evidencias de que os ósos soportarían cartilaxes e, do mesmo xeito que o ornitorrinco, presentaban un buraco no centro, no que se ancoraría o pico, que estaría dotado de receptores que lle permitirían cazar grazas ao tacto en arroios fangosos.
Non hai fósiles que mostren o que comía o Eretmorhipis, pero probablemente alimentábase de camaróns, lombrigas e outros invertebrados pequenos.
FONTE: abc/ciencia
0 comentarios