Blogia
vgomez

O GOLFIÑO NO RÍO ARAGUAIA

O GOLFIÑO NO RÍO ARAGUAIA

O fociño alongado e fino permítelle cazar fácilmente a este exemplar de golfiño Araguaia / Nicole Dutra

No medio do Amazonas (o bosque tropical máis extenso do mundo, onde se encontra máis da metade da biodiversidade a escala mundial) discorre un río de máis de dous mil quilómetros de lonxitude, o río Araguaia. As súas augas, que cruzan a parte central de Brasil e desembocan no Atlántico, albergan a unha especie de golfiño de río descoñecida ata agora, bautizado como golfiño Araguaia (Inia Araguiaensis). A primeira vez que se tivo constancia dos golfiños de auga doce foi no ano 1918. Agora, case un século despois, volveuse descubrir unha nova especie. Os golfiños de río, grazas ao seu longo e fino fociño dentado, cazan doadamente os peixes. Ademais, o seu colo, a diferenza dos golfiños de océano, permítelle maior mobilidade xa que as súas vértebras cervicais non están fusionadas. Os autores desta investigación, publicada na revista científica Plos One, sinalan que o seu obxectivo era estudar ás dúas especies de golfiños que coñecían ata o momento na zona (Inia geoffrensis e Inia boliviensis), xa que gran cantidade da fauna do Araguaia compórtea coa conca do Amazonas, pero as dúas concas separáronse dende a transición do Plioceno ao Plistoceno, polo que considéraron que eran dúas esepcies distintas. Para comprobalo, recolléronse, en total, mostras de ADN mitocondrial de 121 golfiños: 45 individuos de Inia boliviensis, 44 de Inia geoffrensis e 32 de Inia araguaiensis. Tras comparar os resultados, puideron observar as diferenzas que existían do golfiño araguaia con outros golfiños de río: principalmente menos dentes e algunhas pequenas diferenzas na forma e tamaño do cranio e as mandíbulas.

Mentres comparaban as mostras nos seus laboratorios, este grupo de científicos pertencentes á Universidade Federal do Amazonas (UFAM) concluíron que había unha clara evidencia de que os individuos que viven no Río Araguaia representan, bioloxicamente, un grupo distinto.

Esta especie xurdiu hai case dous millóns de anos, e o seu número de individuos é baixo: calcúlase que pode haber aproximadamente 1.500 golfiños araguaia. Ademais, con respecto á súa distribución,  contan que tamén se atopan no río Tocantis, que se une no curso baixo do Araguaia e que xuntos desembocan no Atlántico.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

 

 


0 comentarios