A CIENCIA NO 2020 (VI)
Continúo co repaso as noticias que marcaron o ano 2020 no eido da investigación científica, nas súas diversas disciplinas. Agora tócalle o turno ao mes de...
XUÑO
1. Confirmado: pódese extraer enerxía dun buraco negro: Un equipo de investigadores lograron demostrar experimentalmente o efecto proposto por Penrose e, posteriormente o tamén físico Yakov Zel’dovich, polo que un obxecto mergullado nos límites exteriores do horizonte de sucesos dun buraco negro cargaríase enerxía negativa. Con todo, este estudo non nos axudará a xerar enerxía aquí na Terra.
2. Descobren o ovo fósil máis grande da era dos dinosauros: Os expertos estiman que ten uns 68 millóns de anos, unha data próxima ao evento de extinción da maior parte de dinosauros. Foi descuberto na Antártida, ten o tamaño dunha enorme pataca engurrada, foi alcumado “The Thing” (A Cousa) e non ten unha casca dura.
3. Agrandan o cerebro duns monos coa axuda dun xene humano: Un equipo de científicos do Instituto Max Planck de Bioloxía e Xenética Celular Molecular en colaboración co Instituto Central de Animais Experimentais logrou crear cerebros de mono máis grandes do habitual ao dar aos fetos de tití un xene que é exclusivo dos humanos. O xene ARHGAP11 B só atópase en humanos e activa as células nai do cerebro para formar máis células nai, un requisito previo para un cerebro máis grande.
4. O Ártico rexistra a súa temperatura máis alta: Un rexión de Siberia, no Círculo Polar Ártico, alcanzou máis de 38 °C, 17 °C por encima da temperatura normal para un 20 de xuño. As elevadas temperaturas empezan a derretir o permafrost.
Continura. Mañá xullo!
FONTE: Idea orixinal Laura Marcos/muyinteresante.es
0 comentarios