Blogia
vgomez

CANTO SABES DE GALICIA XXV

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é XVIII. No reinado de Carlos IV realizouse unha reconstrución completa que durou entre xullo de 1788 e decembro de 1790, dirixida por Eustaquio Giannini no estilo neoclásico. A torre era, antes de acometer a reforma, un corpo prismático con base cadrada; no exterior presentaba un muro de pedra con dúas portas na parte baixa e xanelas asimétricas que o percorrían ata o piso superior, e un mordente helicoidal que tamén chegaba ata o alto. No seu interior conservaba a vella estrutura romana, pero con escaleiras de madeira que pertencían á restauración do edificio, harmonizándoa na súa decoración cos marcos superiores de portas e xanelas. Dous anos despois de rematar as obras, Eustaquio Giannini presentou un proxecto para construír un acceso e unha plataforma arredor do faro, que só se remataron a mediados do século XIX. Desde entón non se volveu mudar a aparencia da torre e só se modificou a lanterna coa instalación dun fanal xiratorio e o acceso a este. No interior fixéronse falsos teitos e cubríronse as paredes de papel. En 1993 elimináronse todos os engadidos interiores.

E imos coa proposta de hoxe!

25. Cal é o club de fútbol más antigo de Galicia?

- Rapido de Bouzas

- Celta de Vigo

- Deportivo da Coruña

- CD Ourense

- CD Lugo

- SD Compostela

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: bubblefootball.es

0 comentarios