AMIGO FÉLIX
Hoxe, día 14, cúmprense 40 anos da morte e 92 do nacemento de Félix Samuel Rodríguez de la Fuente (Poza de la Sal-Burgos, 14 de marzo de 1928 / Shaktoolik-Alaska, 14 de marzo de 1980), un médico e divulgador español, que se converteu no referente da comunicación ambiental en español.
Quixera recordar a iste gran divulgador con algunhas das súas frases:
“A medicina atraeume enseguida, porque era unha carreira estritamente biolóxica e antropolóxica. Podía estudar os misterios da natureza condensados no corpo humano”.
“A Catedral de León ou as Piramides de Exipto podémolas destruír cando queiramos, todo é cuestión de dinamita e reconstruílas cuestión de tempo; pero cando desaparece unha soa especie animal, perdémola para sempre, porque crear só Deus pode facelo”.
“Sen esquecer que as nosas experiencias quedan sempre contrapesadas por un coñecemento científico. É dicir que queremos en todos os momentos, facer cultura, achegar ao home do campo ou da cidade algúns retrincos do que fai posible a existencia; ou noutras palabras levar a casa de todos un pouco a natureza”.
“Todos debemos ir engrosando ese pequeno exército, que o día de mañana se considerará un exército heroico!, moito máis que os que loitaron coas armas na man: o exército dos que un bo día dixeron que había que facer algo para protexer a unha Nai que non se queixa, que nos deu todo o que temos, e á que estamos a matar...!”.
Amigo Félix...
FONTE: Laura Marcos/muyinteresante.es
0 comentarios