Blogia
vgomez

RISSOELLA SALASAE: UN NOVO CARACOL CANARIO

Rissoella salasae, o nuevo caracol mariño descuberto en Lanzarote e bautizado na honra a Margarita Salas / Jesús Ortea

A uns 60 metros de profundidade, sobre as algas filamentosas do coral negro da localidade do Porto do Carmen (Lanzarote), un grupo de investigadores atopou varios exemplares vivos dun novo caracol mariño de cor crema e cabeza escura que non mide máis dun milímetro. O animal foi bautizado Rissoella salasae en homenaxe a Margarita Salas, pioneira española en bioquímica que faleceu na mesma data do achado (7 de novembro de 2019), e como recoñecemento polo seu traballo, a súa dedicación á ciencia e a súa loita pola igualdade de xénero. Jesús  Ortea, profesor xubilado da Universidade de Oviedo e autor do estudo publicado recentemente na revista de biodiversidade tropical Avicennia, escribe: “A Margarita, sabia asturiana, debiámoslle unha especie.”

O molusco que apenas se percibe co ollo humano ten unha cuncha cristalina e fráxil e é a terceira especie descuberta deste xénero na fauna canaria, segundo conta o estudo (as outras dúas son Rissoella contrerasi e o Rissoella opalina). Este profesor, que dedica a miúdo especies a mulleres pintoras ou científicas, leva descubertas e descritas 856 en todos os mares do mundo, a metade delas en Cuba e máis de 100 nas illas Canarias.
 
Este novo material conseguiuse grazas a unha misión de mergullo realizada pola empresa Aquawork SL por encargo da Dirección Xeral de Loita Contra o Cambio Climático e Medio Ambiente do Gobierno de Canarias. O principal obxectivo do proxecto, cofinanciado polos Fondos Rexionais Europeos (FEDER), é caracterizar a comunidade de Antipathella wollastoni (coral negro) da illa e ver o efecto do quecemento global sobre o piso circalitoral grazas a un seguimento exhaustivo de varios anos.

FONTE: Agathe Cortes/materia/elpaís.com

0 comentarios