Blogia
vgomez

COMO FACER BEN OS 3R DO CONSUMIDOR ECOLÓXICO II

COMO FACER BEN OS 3R DO CONSUMIDOR ECOLÓXICO II

Reutilizar / Imaxe:las5rs.jimdo.com

Imos hoxe co segundo artigo adicado a como facer ben os tres erres do consumidor ecolóxico: REUTILIZAR.

Reutilizar é darlles aos produtos a máxima vida útil posible. Coa reutilización, ademais de xerar menos residuos e menos impacto ambiental, os consumidores aforran cartos. Á hora de facer a compra, pódese levar un carro ou bolsas reutilizables para evitar as de plástico dun só uso (aínda que estas tamén se poden reutilizar se se sabe como), e na casa pódense utilizar tarros, frascos ou caixas para gardar todo tipo de produtos, encher os cartuchos de tinta da impresora, usar pilas recargables, actualizar o ordenador, etc. Estas son algunhas das formas de reutilizar máis comúns, pero non as únicas:

-Intercambiar produtos usados: algo inútil para un pode ser un tesouro para outro. Libros, roupa, discos, mobles, etc. pódense intercambiar entre familiares e amigos, e non está de máis pasearse polos mercados de segunda man. En Internet hai iniciativas para o troco de todo tipo de artigos, como a rede Freecycle ou a institucional GipuzkoaTruke, da Deputación guipuscoana.

-Reutilizar obxectos usados e darlles máis valor: o coñecido como "upcycling" transforma un obxecto sen uso ou destinado a ser un residuo noutro de igual ou maior utilidade e valor, como mobiliario ou xoias, e mesmo algunhas iniciativas pagan os consumidores que leven os seus produtos vellos.

-Reutilizar lentes usados: diversas ONG e empresas colaboran para que os lentes vellos poidan servir en países en desenvolvemento.

-Reciclar aparatos electrónicos: varias páxinas web propoñen un sistema que recolle na nosa casa os aparatos electrónicos en bo estado pero que xa non se usan, dá un diñeiro por eles e reutilízaos para persoas con menos recursos.

-Reutilizar augas grises: a auga usada na cociña, a coada, o cuarto de baño, lavabos, vertedeiros, regadeiras, etc. pódese aproveitar de novo grazas a varios sistemas de depuración.

FONTE: Revista Consumer

0 comentarios