Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? IX

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.

A contestación correcta á pregunta de onte, que era moi fácil, é Luistania. Ou Hispania Lusitana foi unha antiga provincia romana na península ibérica onde se atopa o moderno Portugal (ao sur do río Douro) e parte do oeste de España (a actual comunidade autónoma de Estremadura) e unha parte da provincia de Salamanca. Foi nomeado así polos Lusitani ou lusitanos (un pobo protoindoeuropeo). A súa capital foi Emerita Augusta (actualmente Mérida, España), e foi inicialmente parte da provincia romana de Hispania Ulterior, antes de converterse en provincia independente. Os romanos chegaron por primeira vez ao territorio a mediados do século II a.C. Seguiu unha guerra con tribos lusitanas do 155 ao 139 a.C. No 27 a.C., creouse a provincia.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Cal é o punto máis elevado de Portugal?

- Pico Ruivo

- Torre

- Pico Nevosa

- Montaña do Pico

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e es.wikipedia.org          Imaxe: es.wilipedia.org

0 comentarios