CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? XI
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.
A contestación correcta á pregunta de onte é Mondego. Trátase do río máis longo que percorre exclusivamente terras de Portugal. Nace a 1.425 m de altitude na serra da Estrela, concello de Gouveia. Percorre 234 km ata desembocar no océano Atlántico na localidade de Figueira da Foz e abarca unha conca hidrográfica dun 6.644 km². Na súa cabeceira é coñecido como Mondeguinho. Os romanos xa o chamaban o río de Munda, que significa transparencia, claridade ou pureza. Os principais afluentes son, desde a cabeceira ata a súa desembocadura, os seguintes: o Dão (dereita), o Alva (esquerda), o Ceira (esquerda), e unha vez pasado Coimbra, o Arunca (esquerda) e o Pranto (esquerda).
E imos coa pregunta de hoxe!
11. Como se chama o himno de Portugal?
- Uma casa portuguesa
- Portugalia
- A Portuguesa
- Grândola, Vila Morena
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e es.wikipedia.org Imaxe: turismoenportugal.org
0 comentarios