CANTO SABES SOBRE AMÉRICA? XX
Continúo coa serie, que onte comezamos sobre América, é o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia.
A contestación correcta á pregunta de onte é Arizona. O Gran Canón é unha vistosa e escarpada garganta escavada polo río Colorado no norte de Arizona, Estados Unidos. O Canón está considerado como unha das marabillas naturais do mundo e está situado no súa maior parte dentro do Parque Nacional do Gran Canón. Creado polo río Colorado, cuxa canle socavou o terreo durante millóns de anos. Ten uns 446 km de lonxitude, conta con cordilleiras de entre 6 a 29 km de anchura e alcanza profundidades de máis de 1.600 m. Preto de 2.000 millóns de anos da historia da Terra quedaron expostos mentres o río Colorado e os seus tributarios cortaban capa tras capa de sedimento ao mesmo tempo que a meseta do Colorado elevábase.
E imos coa pregunta de hoxe!
20. O Salto Anxo é a fervenza máis alta do mundo, cunha altura de 979 m (807 m de caída ininterrompida). En que país americano se atopa?
- Arxentina
- Canadá
- Venezuela
- Perú
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: hola.com/Getty Images
0 comentarios