Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? X

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.

A contestación correcta á pregunta de onte é Montaña do Pico. é o punto máis elevado do volcán do mesmo nome, situado na illa do Pico, no arquipélago dos Azores. O cume da montaña sitúase a 2.351  m de altitude, sendo o punto máis alto da Rexión Autónoma dos Azores e de todo Portugal. No continente o punto máis elevado é Torre, localizado na Serra da Estrela, municipio de Seia, distrito de Guarda, con 1.993 m.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cal é o río máis longo, entre os ríos que teñen todo o seu curso por territorio portugués?

- Voga

- Sado

- Mondego

- Alto

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e es.wikipedia.org          Imaxe: an.wikipedia.org

0 comentarios