CANTO SABES DE METEOROLOXÍA? XV
Continúo coa serie adicada á meteoroloxía, esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.
A contestación correcta á pregunta de onte é Un fenómeno meteorolóxico, difícil de predecir, que consiste en chuvascos e tormentas de extraordinaria violencia, aínda que de pouca duración e que afectan normalmente a unha zona pouco extensas. Son frecuentes nas zonas costeiras do mar Mediterráneo, sobre todo entre os meses de setembro e outubro. A grandes liñas, a gota fría é o resultado dunha fronte de aire polar frío (corrente en chorro) que avanza lentamente sobre Europa occidental a gran altura (normalmente 5-9 km) e que, ao chocar co aire máis cálido e húmido do Mar Mediterráneo, xera fortes e daniñas tormentas.
E imos coa pregunta de hoxe!
15. Aquí os ventos son máis fortes! Cal é a información que aporta esta información no mapa?
- 1
- 2
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org Imaxe: Isaac Buzo Sanchez
0 comentarios