CANTO SABES DE CROACIA? VI
Continúo coa serie adicada a Croacia, onde o luminoso azul do mar Adriático, a abundante vexetación, un clima tépedo e os pobos e cidades medievais construídos en orixe polos romanos, fano un país único.
A contestación correcta á pregunta de onte é 3.800.000 habitantes. Exactamente 3.822.197 habitantes segundo a elaboración de Worldometer dos datos máis recentes das Nacións Unidas.
E imos coa pregunta de hoxe!
6. A organización territorial de Croacia é mediante Condados. Pero cantos hai?
- 10 condados e a cidade capital Zagreb
- 20 condados e a cidade capital Zagreb
- 25 condados e a cidade capital Zagreb
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org e worldometers.info/es Imaxes: worldometers.info/es e es.wikipedia.org
0 comentarios