Blogia
vgomez

CANTO SABES DE GALICIA LXV

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Burela. Este municipio lucense atópase na beira do Cantábrico, na Mariña Central, cunha poboación de 9.588 hab. (2019).

E imos coa pregunta de hoxe!

65. Esta talla gótica de madeira, ao parecer atopadoa alá polo século XIV por uns mariñeiros en Fisterra, coñecese como do Santo Cristo e está situada na capela homónima da Catedral dunha das capitais galegas. O tremendo verismo desta talla alimentou durante anos a crenza popular de que lle medra o pelo, e de que todas as semanas acode un barbeiro á Catedral para cortárllelo. En que capital galega se atopa?

- Lugo

- Ponvedra

- Ourense

- A Coruña

- Santiago de Compostela

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es, turismodeourense.gal   Imaxe: laregion.es

0 comentarios