Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Ollo cando digas 'elo'!

’Elo’ é unha palabra galega, si 😁 Pero se cadra non a estás usando correctamente 🤔

#DígochoEu

CANTO SABES DE EUSKADI? III

Continuo coa serie adicada a Euskadi (Pais Vasco). Situado no norte de España e bañado polo mar cantábrico, ten una forte personalidade: dioma, natureza, cultura e gastronómica. Un país cheo de contrastes!

A contestación correcta á pregunta de onte é 3. A saber: Está formado por tres provincias, tamén coñecidas como territorios históricos, que son Guipúscoa, Biscaia e Áraba. As súas respectivas capitais son Donostia, Bilbao e Vitoria-Gasteiz.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é a capital de Euskadi?

- Donostia (San Sebastian)

- Bilbao

- Vitoria-Gasteiz

Mañá a solución e una nova proposta

FONTE: es.wikipedia.org  Imaxes: irekia.euskadi.eus/lf/es e es.wikipedia.org

#DígochoE:u Vai de Peixe! Nomes de peixes e mariscos curiosos

Hoxe falamos de nomes de peixes e mariscos curiosos! Coñecíalos?

#DígochoEu

CANTO SABES DE EUSKADI? II

Continuo coa serie adicada a Euskadi (Pais Vasco), que onte comezamos. Situado no norte de España e bañado polo mar cantábrico, ten una forte personalidade: idioma, natureza, cultura e gastronómica. Un país cheo de contrastes!

A contestación correcta á pregunta de onte é Limita ao leste con Navarra e Francia, ao sur coa Rioxa e ao oeste con Castela e León e Cantabria  e co mar Cantábrico e Francia ao norte. En concreto: Limita ao leste con Navarra e o departamento francés de Pireneos Atlánticos (rexión de Nova Aquitania, que inclúe o País Vasco francés), ao sur coa Rioxa e ao oeste coa provincia de Burgos (Castela e León) e Cantabria e co Golfo de Biscaia (mar Cantábrico) e Francia (Hendaya) ao norte.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. De cantas provincias esta formada Euskadi?

- 3

- 4

Mañá a solución e una nova proposta

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org e d-maps.com

CANTO SABES DE EUSKADI?

Euskadi (Pais Vasco), está situado no norte de España e bañado polo mar cantábrico. A forte personalidade que o caracteriza vai da man dunha oferta cultural, natural e gastronómica. Habitado xa na época prehistórica, nel naceu o eúscaro, considerado o idioma vivo máis antigo de Europa. Un país cheo de contrastes!

Queres coñecer un puco mellor esta comunidade autónoma? Si?

Pois comezamos!

1. Cales son os límites de Euskadi?

- Limita ao leste con Navarra e Francia, ao sur coa Rioxa e ao oeste con Castela e León e Cantabria  e co mar Cantábrico e Francia ao norte.

- Limita ao norte co Mar Cantábrico, ao sur con Navarra, ao leste coa Rioxa e ao oeste con Cantabria.

- Limita con Cantabria e Castela e León ao oeste, con Navarra ao sur, coa Rioxa ao leste, e co mar Cantábrico ao norte

Mañá a solución e una nova proposta

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: via.aero/es e es.wikipedia.org

#DígochoEu: Como é? Fai anos ou hai anos?

Hai anos ou fai anos? A solución a este enigma está na precisión 🎯

#DígochoEu

#DígochoEu: Sabes o que é un 'cochaino'?

Tranquilidade, que non é nada malo.

#DígochoEu

CANTO SABES DE AUSTRIA? XVI (FIN)

Remato coa serie adicada Austria, un país de Europa Central sen saída ao mar, destaca polas paisaxes alpinas, cidades históricas e unha rica cultura musical.

A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie, é Alexander Van der Belle. Nado en Viena o 18 de xaneiro de 1944, é un economista e político austríaco, membro do partido Os Verdes-A Alternativa Verde e presidente federal de Austria desde 2017.

Espero que esta serie servise para coñecer algo mellor este fermoso país!

Ata a próxima serie!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxes: es.wikipedia.org e parlament.gv.at