CANTO SABES DE EUSKADI? XVI (FIN)
Remato coa serie adicada a Euskadi (Pais Vasco). Situado no norte de España e bañado polo mar cantábrico, ten una forte personalidade: dioma, natureza, cultura e gastronómica. Un país cheo de contrastes!
A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie, é Todos son vascos de nacemento. Quen pode levantar sospeitas é Álex Padilla que ten nacionalidade española e mexicana. Nacido en Zarauz, o seu pai é guipuscoano de Vergara, mentres que a súa nai naceu na localidade mexicana de Camargo, Chihuahua. Cando apenas tiña tres meses, polo traballo do seu pai, trasladáronse ao país azteca, instalándose en Celaya.Despois de sete anos en México, mudáronse a Detroit, onde viviron un ano e medio antes de volver a Zarauz. Ao seu regreso, comezou a xogar ao fútbol nas filas do Zarautz KE.En abril de 2019 asinou un contrato de longa duración co Athletic Club para formarse en Lezama, sendo integrado no seu equipo xuvenil e así ata hoxe que está como porteiro do primeiro equipo.
E así remato esta serie, esperando que servise para coñecer algo mellor esta comunidade histórica.
Ata a próxima serie!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios