Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? IX

Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.

Á resposta á pregunta de onte é Francia. En Europa, Francia é o país que máis aposta pola enerxía nuclear (58 reactores operativos, 1 en construcción, 12 parados), producindo un 71,67% da electricidade por iste proceso.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Toda a materia que nos rodea emite radiación.

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e foronuclear.org

#DígochoEu: Non digas *mentras

 

*Mentras é un castelanismo, unha tradución literal de "mientras". Temos diversas formas de dicilo correctamente en galego! Esther Estévez dínolas!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? VIII

Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.

Á resposta á pregunta de onte é Menos de 500. Segundo Foro Nuclear, os 442 reactores actualmente operativos nun total de 31 países producen ao redor do 11% da electricidade mundial. Segundo o Organismo Internacional de Enerxía Atómica (OIEA) de Nacións Unidas, (datos a abril de 2019) hai 53 unidades en construción en 20 países entre os que se atopan China, India, Rusia, Corea do Sur, Emiratos Árabes Unidos, Finlandia ou Francia. China é o país do mundo que máis reactores constrúe. Conta con 48 unidades operativas e dez reactores máis en construción. A China séguelle India, con sete reactores en construción, así como Rusia, Eslovaquia, Corea do Sur ou Emiratos Árabes Unidos con catro reactores en construción cada un deles. Francia, con 58 reactores operativos, é o país da Unión Europea con máis unidades nucleares.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é o país que máis aposta pola enerxía nuclear en Europa?

- ReinoUnido

- Bélxica

- Alemaña

- España

- Francia

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e foronuclear.org

CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? VII

Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.

Á resposta á pregunta de onte é Uranio e plutonio. Do uranio, o isótopo utilizado máis habitualmente é 235U, e do plutonio o 238Pu.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cantas centrais nucleares hai no mundo?

- Menos de 1000

- Menos de 500

- Menos de 300

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

#DígochoEu: Non digas *invertir

 

O que en castelán é *invertir, en galego ten dúas posibilidades. Esther Estévez explícanolo neste episodio!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? VI

Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.

Á resposta á pregunta de onte é E=mc2. Esta noción, a de que a masa está relacionada coa enerxía, proporcionóunola a ecuación máis famosa do século XX, desenvolta por Albert Einstein. É dicir, enerxía é igual á masa pola velocidade da luz ao cadrado

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Cales son os combustibles nucleares máis utilizados?

- Bromo e cadmio

- Uranio e plutonio

- Radon e manganeso

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 27) -era

 

Para a pronuncia das palabras terminadas en -era temos unha norma facilísima!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *test de cuspe

 

Cuspe e saliva son sinónimos, pero non se poden empregar do mesmo modo! Esther Estévez explícanolo.

 #DígochoEu