Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono Capítulo 2: vós, vocês e Salvador Sobral

 

Esther Estévez continúa o #ApuntamentoLusófono na nosa canle de Twitch con Rodrigo Paganelli! Aquí podes ver o segundo directo! Aprendemos as fórmulas de tratamento e cantamos ’Amar pelos dois’!

#DígochoEu

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 26) -ora

 

Hoxe falamos de vogais abertas e pechadas nas palabras acabadas en -ora.

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *barniz

 

Nin *barniz nin *barnizar! Esther Estévez explícanos como dicilo correctamente en galego!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *lijar

 

*Lijar é un castelanismo puro e duro! Atende ben á explicación de Esther Estévez!

#DígochoEu

CÓCTEL DE SABERES (SEGUNDA PARTE) XIV (FIN)

Remato co segunda parte da serie CÓCTEL DE SABERES, na que se pertende poñer a proba os teus coñecementos xerais sobre distintas disciplinas.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Maniac Mansion. É un videoxogo de aventura gráfica desenvolto por Lucasfilm Games en 1987. Inicialmente lanzado para Commodore 64 e Apple II, foi o primeiro videoxogo que Lucasfilm Games lanzou ao mercado. O xogo segue as aventuras do mozo Dave Miller nunha mansión mentres tenta rescatar á súa noiva dun científico tolo controlado por un meteorito que chocou preto da mansión vinte anos atrás. O xogo foi concibido en 1985 por Ron Gilbert e Gary Winnick, quen se inspirou para o desenvolvemento da historia nos clichés do cinema clase B e as películas de terror máis algúns elementos de humor. Os personaxes do xogo foron desenvoltos sobre a base de personaxes do cómic, o cinema, revistas de terror ou persoas que eles coñecían. O deseño da mansión está baseado na casa principal do Rancho Skywalker. Maniac Mansion utiliza un motor creado especificamente para o xogo chamado SCUMM ("Script Creation Utility for Maniac Mansion"), que supuxo unha revolución nas interfaces de xogo para aventuras gráficas da súa época e que foi moi utilizado por Lucas en posteriores desenvolvementos de aventuras gráficas.

E así remato esta segunda parte, que terá continuación, nunha terceira!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gl.wikipedia.org    Imaxe: nostalgia80.com

CÓCTEL DE SABERES (SEGUNDA PARTE) XIV

Continúo co segunda parte da serie CÓCTEL DE SABERES, na que se pertende poñer a proba os teus coñecementos xerais sobre distintas disciplinas.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é 3. As guerras púnicas foron guerras sostidas nos séculos III e II antes de Cristo entre Roma e Cartago. A causa foi a competencia económica e militar da emerxente Roma coa potencia marítima hexemónica no Mediterráneo occidental e central dos cartaxineses.

E imos coa pregunta de hoxe e última desta serie!

14. Lembras cal foi o primeiro videoxogo que Lucasfilm Games lanzou ao mercado?

- Shinobi

- Bionic Commando

- Maniac Mansion

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gl.wikipedia.org

#DígochoEu: Un par de dúbidas: 'yunque'? 'chuvia ácida'?

 

Hoxe resolvemos outro par de dúbidas da conta de TikTok do #DígochoEu: como se di ’yunque’ en galego? É ’chuvia ácida’ ou ’choiva ácida’?


CÓCTEL DE SABERES (SEGUNDA PARTE) XIII

Continúo co segunda parte da serie CÓCTEL DE SABERES, na que se pertende poñer a proba os teus coñecementos xerais sobre distintas disciplinas.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Os Piratas. Foi unha banda de rock española de Vigo, fundada no ano 1991. Foron considerados un dos grupos máis influentes nas escenas pop e rock en España.​ Editaron cinco álbums de estudo (un deles disco de ouro),​ dous directos, tres recompilatorios e catro discos de rarezas,​ para despois disolverse en 2004.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. As guerras púnicas foron uns conflitos armados entre Roma e Cartago, pero que número de guerras houbo…

- 2

- 3

- 4

Mañá a solución e última pregunta da serie!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gl.wikipedia.org    Imaxe: ocesaronada.net