Blogia
vgomez

CÓCTEL DE SABERES (SEGUNDA PARTE) XIV (FIN)

Remato co segunda parte da serie CÓCTEL DE SABERES, na que se pertende poñer a proba os teus coñecementos xerais sobre distintas disciplinas.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Maniac Mansion. É un videoxogo de aventura gráfica desenvolto por Lucasfilm Games en 1987. Inicialmente lanzado para Commodore 64 e Apple II, foi o primeiro videoxogo que Lucasfilm Games lanzou ao mercado. O xogo segue as aventuras do mozo Dave Miller nunha mansión mentres tenta rescatar á súa noiva dun científico tolo controlado por un meteorito que chocou preto da mansión vinte anos atrás. O xogo foi concibido en 1985 por Ron Gilbert e Gary Winnick, quen se inspirou para o desenvolvemento da historia nos clichés do cinema clase B e as películas de terror máis algúns elementos de humor. Os personaxes do xogo foron desenvoltos sobre a base de personaxes do cómic, o cinema, revistas de terror ou persoas que eles coñecían. O deseño da mansión está baseado na casa principal do Rancho Skywalker. Maniac Mansion utiliza un motor creado especificamente para o xogo chamado SCUMM ("Script Creation Utility for Maniac Mansion"), que supuxo unha revolución nas interfaces de xogo para aventuras gráficas da súa época e que foi moi utilizado por Lucas en posteriores desenvolvementos de aventuras gráficas.

E así remato esta segunda parte, que terá continuación, nunha terceira!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gl.wikipedia.org    Imaxe: nostalgia80.com

0 comentarios