Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? X

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!

A contestación correcta á pregunta de onte é Un voitre e unha cobra que simbolizan a soberanía sobre o Alto Exipto e o Baixo Exipto, respectivamente. O Imperio Antigo de Exipto, tamén chamado Reino Antigo, é o período da historia do antigo Exipto comprendido entre 2686 e 2181 a. C. Intégrano as dinastías III, IV, V e VI. Consolidou o sistema político, cultural e relixioso xurdido durante o período protodinástico, coa aparición dunha monarquía cuxos trazos máis notables son a divinización absoluta do faraón e un poder político fortemente centralizado. Esta época xorde marcada pola influencia do faraón Dyeser (Zoser), quen traslada a capital a Menfis e estende o Imperio exipcio desde Nubia ao Sinaí. É o período no que se construíron as grandes pirámides.

 E imos coa pregunta de hoxe!

 

10. Que faraón impuxo o monoteísmo durante o seu reinado?

- Tutmosis

- Tutankamón

- Akhenatón

- Kefrén

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, jotdown.es e es.wikipedia.org   Imaxe: jotdown.es

0 comentarios