Blogia
vgomez

CANTO SABES DE NEPAL? XIII

Continúo coa serie adicada a Nepal, que non só é o país das montañas maxestosas e os templos sacros. É tamén unha terra onde as tradicións milenarias seguen vivas en cada xesto cotián, en cada celebración, en cada palabra.

A contestación correcta á pregunta de onte é Rupia. A rupia nepalesa (NPR) é a moeda oficial do Nepal. Divídese en 100 paisa. A emisión da moeda está controlada polo Banco Central do Nepal. O seu valor fixouse á rupua india en 1993 cunha taxa de cambio de 1,60 NPR = 1 INR. O cambio a esta data é 1 NPR = 0,058 EUR.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Cal é a relixión predominante en Nepal?

- Budista

- Islam

- Cristiana

- Hindú

- Kirant

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.numista.con e  es.wikipedia.org

0 comentarios