CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? VI
Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.
A contestación correcta á pregunta de onte é Constantino e Licinio. O Edicto de Milán (Edictum Mediolanense), tamén coñecido tamén como A tolerancia do cristianismo, foi un decreto promulgado en Milán no ano 313. O edicto foi asinado por Constantino I e Licinio, dirixentes respectivamente dos imperios romanos de Occidente e Oriente e estableceu a liberdade de relixión no Imperio Romano, dando fin ás persecucións dirixidas polas autoridades contra certos grupos relixiosos, particularmente os cristiáns. Anteriormente, o 30 de abril de 311, o emperador Galerio emitira na cidade un edicto coñecido como o Edicto de Tolerancia en Sárdica. Nel concedíase indulxencia ós cristiáns, recoñecéndose a súa existencia legal e a liberdade para celebrar reunións e construír templos para o seu Deus, polo que a persecución dos mesmos finalizaría.
E imos coa pregunta de hoxe!
6. Cal foi a primeira dinastía chinesa?
- A dinastía Qin
- A dinastía Ming
-A dinastía Tang
- A dinastía Han
- A dinasta Xia
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia Imaxe: es.wikipedia.org e santiagotoledoo.wixsite.com
0 comentarios