Blogia
vgomez

CÓCTEL DE SABERES (SEGUNDA PARTE) III

Continúo co segunda parte da serie CÓCTEL DE SABERES, na que se pertende poñer a proba os teus coñecementos xerais sobre distintas disciplinas.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Cando un soldado atravesouno cunha espada. Aínda que a súa morte é controvertida, dise que morreu durante o sitio de Siracusa (214-212 a. C.), cando foi asasinado por un soldado romano. Por que motivo? Ao parecer Arquímedes estaba a resolver un problema matemático e non quixo acudir ao encontro do xeral Marco Claudio Marcelo, polo que o soldado, enfurecido, cravoulle a espada, a pesar de que existían ordes de que non se lle fixese ningún dano.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal era o deus viquingo da luz e da verdade?

- Forseti

- Andhrimnir

- Balder

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gl.wikipedia.org

0 comentarios