SERGIO MARCHOU!
Sergio Gómez Fernández (Salamonde-San Amaro (Ourense) 17/04/1934 - Freás-Punxín (Ourense) 14/05/2021)
A vida ten momentos duros e iste un deles. Despois de 87 anos, o cancro levoume a Sergio. Naceu no campo, marchou del como servidor público e volveu, de xubilado, de novo ao seu campo a coidar as súas cepas.
É moi difícil falar del sen que me veñan as bágoas aos ollos, ao fin e ao cabo era o meu pai!
Descansa en paz!
Aínda que o meu pai hoxe está morto,
vive por sempre nas miñas memorias
e habita nos meus recordos.
As túas ensinanzas axudánme a enfrontarme á vida
e o teu exemplo estimúlame a darlles ás miñas fillas,
o que ti non puideches darme a min.
Grazas pai por existir
e por ser hoxe a luz da miña vida.
0 comentarios