Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Non digas *deslizar nin *desliz

 

En galego non *deslizamos nada, nin sequera os ’stories’ de Instagram! Esther Estévez Casado danos a alternativa!

#DígochoEu

#DígochoEu: É o mesmo doado que fácil?

 

É o mesmo doado que fácil? Esther Estévez Casado explícanolo hoxe e de paso cóntanos algunha curiosidade sobre estas dúas palabras.

#DígochoEu

#DígochoEu: Non pidas auga do *grifo con *hielo

 

Nin auga do *grifo nin con *hielo. En galego vas ter que pedilo doutro xeito!  Esther Estévez Casado danos a solución!

#DígochoEu

#DígochoEu Non digas *vén de comezar

 

Moito perigo ten esta perífrase! No capítulo de hoxe Esther Estévez Casado tráenos alternativas para non meter a zoca!

#DígochoEu

#DígochoEu: É un lusismo 'segunda feira'?

 

Podemos dicir que hoxe é segunda feira? Esther Estévez Casado fálanos sobre esta maneira de designar os días da semana e acláranos se é válida en galego!

#DígochoEu

UNHA FERRAMENTA CON BOS RESULTADOS COA DISLEXIA

 

A dislexia é un trastorno da aprendizaxe da lectoescritura, de carácter persistente e específico, que se dá en nenos que non presentan ningún hándicap físico, psíquico nin sociocultural e cuxo orixe parece derivar dunha alteración do  neurodesenvolvemento. Os disléxicos manifestan de forma característica dificultades para recitar o alfabeto, denominar letras, realizar rimas simples e para analizar ou clasificar os sons. Ademais, a lectura caracterízase polas omisións, substitucións, distorsións, investimentos ou adiccións, lentitude, vacilacións, problemas de seguimento visual e déficit na comprensión.

A dislexia é unha dificultade para a descodificación ou lectura de palabras, polo que estarían alterados algún dos procesos cognitivos intermedios entre a recepción da información e a elaboración do significado.

O principal problema que ten a dislexia é que non é compatible co noso sistema educativo, pois, dentro deste, todas as aprendizaxes realízanse a través do código escrito, polo cal o neno/a disléxico non pode asimilar certos contidos de materias porque non é capaz de chegar ao seu significado a través da lectura. O neno/a disléxico debe poñer tanto esforzo nas tarefas de lectoescritura que tende a fatigarse, a perder a concentración, a distraerse e a rexeitar este tipo de tarefas. Moitos pais e profesores procesan esta conduta como desinterese e presionan para conseguir maior esforzo, sen comprender que estes nenos, realizando estas tarefas, senten coma se de súpeto, calquera de nós, estivésemos inmersos nunha clase de escritura chinesa.

A dislexia, é moito máis que ter dificultades na lectura e na escritura, xa que existen problemas de compresión, de memoria a curto prazo, de acceso ao léxico, confusión entre a dereita e a esquerda, dificultades nas nocións espazo-temporais…debemos ter en conta que non existen dúas disléxicos idénticos e por tanto cada caso é único e non ten por que presentar a totalidade dos síntomas.

O maior problema da condición disléxica son as consecuencias derivadas do diagnóstico tardío. O 90% das persoas que teñen dislexia non o saben.

Se se diagnostica e trátase a tempo con ferramentas como DytectiveU, de Change Dyslexia, pódense obter bos resultados académicos e alcanzar obxectivos, “porque os soños non se len, fanse realidade”.

Dytective é unha ferramenta validada cientificamente. Coa súa proba de  cribado permite en só 15 minutos, detectar se o neno/a ten risco de ter dificultades de  lecto-escritura. En caso positivo, con esta ferramenta mellorará as súas habilidades de lectura e escritura mentres se divirte xogando: 42.000 xogos que se personalizan en función de 24 habilidades cognitivas dirixidas tanto ás debilidades como ás fortalezas cognitivas.

Unha ferramenta que axuda!

FONTE: disfam.org e Pepo Jiménez/elpais.com

#DígochoEu: Os signos do zodíaco (2ª parte)

 

Aquí están os seis últimos signos do zodíaco que con Esther Estévez Casado estamos a repasar. 

#DígochoEu

#DígochoEu: Os signos do zodíaco (1ª parte)

 

Sabías que moitos dos signos do zodíaco teñen unha versión ’clásica’ e outra(s) máis enxebre(s)? Presta atención e revisa con Esther Estévez Casado os teus coñecementos do horóscopo galego.

#DígochoEu