Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: non digas *influínte

 

En galego non temos a palabra *influínte nin nada que acabe en -fluínte. Entón como se di? Esther Estévez Casado acláranolo!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *paixonal

 

En galego temos paixón, pero non *paixonal! Esther Estévez Casado explícanolo!

#DígochoEu

#DígochoEu: Moito ollo cos reflexos!

 

 Hoxe Esther Estévez Casado fala do seu reflexo no espello e dalgunha curiosidade sobre esta palabriña!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non escribas *neumonía nin *sicólogo

 

Non existe nin a *neumonía nin os *sicólogos! Estas palabras e algunha máis necesitan un p ao principio. Esther Estévez Casado explícanolo!

#DígochoEu

#DígochoEu: Moito ollo cos pobos!

 

En galego temos a palabra pobo, pero sabes se a estás usando correctamente? Esther Estévez Casado explícanolo!

#DígochoEu

#DígochoEu: Aprende a usar a diérese (capítulo 2)

No capítulo de onte, Esther Estévez Casado ensinounos algunhas palabras que deben levar diérese no u, como pingüin. Hoxe imos un pouco máis alá. Sabías que en galego tamén se usa diérese enriba da vogal i? Toma nota!

#DígochoEu

#DígochoEu: Aprende a usar a diérese (capítulo 1)

 

Dominar estes dous puntiños vaite converter nun falante nivel pro do galego! Esther Estévez Casado vainos axudar nesa misión.

#DígochoEu

#DígochoEu: Moito ollo cos listados!

 

Listado si que existe en galego, pero estalo empregando correctamente? A solución, no capítulo de hoxe, da man de Esther Estévez Casado!

#DígochoEu