Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE ISLANDIA? X

Continúo coa serie adicada a Islandia, esa illa europea situada no océano Atlántico, coñecida pola súa impresionante paisaxe volcánica, glaciares e auroras boreais. País cunha poboación relativamente pequena, onde a enerxía renovable e o turismo son piares importantes da súa economía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Þórisvatn. É un lago situado na rexión da súaðurland de Islandia. Con 88 quilómetros cadrados é o maior do país. Os lagos e glaciares cobren o 14,3 % do país e só o 23 % está cuberto por vexetación. O principal glaciar é o Vatnajökull, o maior de Europa.

E imos coa pegunta de hoxe!

10. Islandia atópase nun punto xeolóxico quente. Esta situación significa que a illa posúe unha actividade volcánica forte e multitude de géyseres. A que é debido?

- A doral mesoatlántica divide a illa en dúas

- Alí xúntanse as placas  Euroasíatica e Norteamericana

- A illa marca o límite entre a Placa Euroasiática e a Placa Norteamericana

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

DígochoEu: 'zorra' en Galego

Zorra’. Seguro que te vai sorprenser o significado, en galego, desta palabra. E non sexas mal pensado!

#DígochoEu

#DígochoEu: Sabes o que é un peneplano?

Peneplano é unha palabra correcta en galego. Sabes o que significa?

#DígochoEu

CANTO SABES DE ISLANDIA? IX

9Continúo coa serie adicada a Islandia, esa illa europea situada no océano Atlántico, coñecida pola súa impresionante paisaxe volcánica, glaciares e auroras boreais. País cunha poboación relativamente pequena, onde a enerxía renovable e o turismo son piares importantes da súa economía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Thjórsá. Þjórsá é o río máis longo de Islandia que carrexa auga de neve desde distintos glaciares. Flúe polo suroeste, na rexión da súaðurland, nun leito de 230 km para desembocar no océano Atlántico. É a principal fonte de enerxía hidroeléctrica do país.

 

E imos coa pegunta de hoxe!

9. Cal é o maior lago de Islandia?

Þórisvatn

- Blöndulón,

- Þingvallavatn

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxes: escuelademapas.com e es.advisor.travel

CANTO SABES DE ISLANDIA? VIII

Continúo coa serie adicada a Islandia, esa illa europea situada no océano Atlántico, coñecida pola súa impresionante paisaxe volcánica, glaciares e auroras boreais. País cunha poboación relativamente pequena, onde a enerxía renovable e o turismo son piares importantes da súa economía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Hvannadalshnjúkur. Ou Hvannadalshnúkur é un pico no nordés do volcán Öræfajökull e o punto máis elevado de Islandia cunha medición oficial concluída en agosto de 2005 estableceu a altura en 2.109,6 m s. n. m.​ (anteriormente considerábase que medía 2.119 m). Atópase na rexión oriental de Austurland.

E imos coa pegunta de hoxe!

8. Cal é o maior río de Islandia?

- Thjórsá

- Jökulsá á Fjöllum

- Skjálfandafljót

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *engatusar

Como se di *engatusar en galego? Pois temos varias palabras, así que toma nota delas!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *dañino

Nin *daño nin *dañino. Esther danos as alternativas correctas!

#DígochoEu 

CANTO SABES DE ISLANDIA? VII

Continúo coa serie adicada a Islandia, esa illa europea situada no océano Atlántico, coñecida pola súa impresionante paisaxe volcánica, glaciares e auroras boreais. País cunha poboación relativamente pequena, onde a enerxía renovable e o turismo son piares importantes da súa economía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Tundra. En concreto o 62,7 % da súa superficie é tundra. Este bioma caracterizase por un terreo aberto e chan, de clima subglacial e subsolo xeado, carente de vexetación arbórea; solo cuberto de musgos e liques, e ás veces pantanoso.

E imos coa pegunta de hoxe!

7. Cal é o punto máis alto de Islandia?

- Búlandstindur

- Kirkjufell

- Keilir

- Hvannadalshnjúkur

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org