Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE MONUMENTOS?

CANTO SABES DE MONUMENTOS?

 

Chegou o verán, e de non ser atípico, pola Covid-19, millóns de persoas acudirían a distintos países, entre outras cousas, a contemplar marabillosos monumentos, a coñecer a súa historia e quedar pasmados pola súa grandiosidade.

Pero a situación non está para moitos viaxes, sobre todo fóra do noso país, polo que tataremos de facer viaxes "doutro xeito". Propóñoche coñecer canto sabes de monumentos icónicos e representativos dos diferentes países do mundo, que seguramente gustaríache visitar nalgún momento da túa vida. Comprobámolo?

1. O monumento da fotografía é un dos máis visitados do mundo. Reconécelo?

- Monte San Michel (Francia)

- Castelo Sant’Angelo (Italia)

- A Alhambra de Granada (España)

Mañá a solución e un novo monumento!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/cultura, gal.wikipedia.org  Imaxe: youtube.com e muyinteresante.es

#DígochoEu: Non digas *patucos

 

Os calcetíns de punto que se lles pon aos bebés non se chaman *patucos en galego Esther Estévez Casado danos a alternativa.

#DígochoEu

#DígochoEu: Non confundas 'chan' e 'solo'

 

Chan’ e ’solo’ son dúas palabras correctas en galego, pero non sempre significan o mesmo! Esther Estévez Casado explícanos onde se diferencian.

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *caña

 

Alucina! En galego non podemos ir de *cañas porque *caña é incorrecto!  Esther Estévez Casado danos a alternativa.

#DígochoEu

CANTO SABES DOS INSECTOS XXI (FIN)

Remato coa serie Canto sabes dos insectos?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre os seres máis abundantes no noso planeta, xa que estímase que hai 200 millóns de insectos por cada ser humano.

A contestación á pregunta de onte é Espidroína. A glándula Ampulácea maior está situada no extremo do abdome do corpo da araña, e nela acumúlanse en altas concentracións as proteínas da seda. Segundo avanzan ao longo da glándula, as longas moléculas de espidroína organízanse ata formar un verdadeiro cristal líquido. Un pouco antes de chegar ao extremo da glándula, a pouca distancia da saída ao exterior, convértese bruscamente nunha fibra sólida e insoluble.

As fibras de seda de araña son moito máis resistente que un cable de aceiro de similar grosor e moitísimo máis elásticas, xa que pode estirarse ata o 135% da súa lonxitude orixinal sen romper. Esta seda tamén é tres veces máis resistente que as fibras sintéticas máis avanzadas que hoxe se coñecen, e ata o de agora non se logrou producir nada semellante.

Seguro que quedan moitas máis preguntas, pero serán para unha segunda parte.

Ata a próxima serie!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/natureza e elmundo.es/ciencia  Imaxe: eresciencia.com

CANTO SABES DOS INSECTOS? XX

Continúo coa serie Canto sabes dos insectos?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre os seres máis abundantes no noso planeta, xa que estímase que hai 200 millóns de insectos por cada ser humano.

A contestación á pregunta de onte é Odonatos. Esta orde de insectos cunhas 6000 especies actuais,​ que inclúe formas tan coñecidas como as libélulas e os caballitos do diaño. Os adultos mostran un aspecto moi característico, cunha cabeza máis ancha que o resto do corpo, un abdome longo e delgado e catro ás membranosas transparentes. Viven asociados a ambientes acuáticos, que son necesarios para o desenvolvemento das súas ninfas (náyade), non tendo fase de pupa e por tanto a súa metamorfose é simple (hemimetabolía).

 E imos coa pregunta de hoxe!

20. O proceso de creación da tea de arañas é realmente sorprendente, posto que as arañas posúen glándulas que se encargan da produción de seda, un material moi resistente composto de aminoácidos e dunha proteína denominada...

- Queratina

- Lignina

- Espidroína

Mañá a solución e remate da serie! 

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/natureza e gal.wikipedia.org  Imaxe:  aranas.online

#DígochoEu: Non digas *zanxar

 

Nin *zanxar nin *solventar son palabras correctas en galego. Pero temos unhas cantas polas que as podemos substituír. Esther Estévez Casado dinos cales son.

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *taladro

 

Nin *taladro nin *taladrar son palabras correctas en galego! Esther Estévez Casado danos ás alternativas.

#DígochoEu