#DígochoEu: Quítalle o acento ao cu!
O demo me coma! Que teima teñen algúns por poñerlle un acento ao cu! Se está máis bonito sen el! Esther Estévez Casado acláranolo.
#DígochoEu
O demo me coma! Que teima teñen algúns por poñerlle un acento ao cu! Se está máis bonito sen el! Esther Estévez Casado acláranolo.
#DígochoEu
Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: Ruínas de Petra. Trátase dun importante enclave arqueolóxico de Xordania, localizado entre as montañas que forman as estribacións orientais de Wadi Araba, nun gran val que vai desde o Mar Morto ata o Golfo de Aqaba. Foi unha cidade escavada e esculpida directamente na pedra e os seus restos máis soados son as construcións labradas na mesma rocha do val (hemispeos), os edificios coñecidos como o Khazneh (o Tesouro) e o Deir (o Mosteiro). Fundada no século VIII a. C, foi redescubierta en 1812 polo explorador suízo Jean Louis Burckhardt.
E imos co monumento de hoxe!

5. Que catro rostros aparecen no emblemático Monte Rushmore de Estados Unidos?
-Thomas Jefferson, George Washington, Theodore Roosevelt e Abraham Lincoln.
-Thomas Jefferson, George Washington, John Adams e Abraham Lincoln.
-Thomas Jefferson, George Washington, Franklin D. Roosevelt e Abraham Lincoln.
Mañá a solución e un novo monumento!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org
Esther Estévez Casado fálanos hoxe dun castelanismo que está pegado no galego e dun galeguismo que está tamén moi inserido no castelán.
#DígochoEu
Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: A Mesquita de Córdoba. O seu arquitecto é descoñecido, pero sábese que comezou a construírse como mesquita no ano 785 baixo o reinado de Abd al-Rahman I, coa apropiación e reutilización dos materiais da basílica hispanorromana de San Vicente Mártir, que se atopaba no seu lugar, polos conquistadores musulmáns. O edificio resultante foi obxecto de ampliacións durante o emirato de Córdoba e o califato de Córdoba. En 1238, logo da Reconquista cristiá da cidade, levouse a cabo a súa consagración como catedral da diocese coa ordenación episcopal do seu primeiro bispo, Lope de Fitero. O edificio contiña o cabido catedralicio da diocese de Córdoba, estando prohibido calquera culto colectivo ou rezo organizado non católico. En 1523, baixo a dirección dos arquitectos Hernán Ruiz, o vello e o seu fillo, construíuse a súa basílica cruciforme renacentista de estilo plateresco. Hai moi poucas edificacións no mundo que obtivesen a cualificación de “monumento verde” por, entre outras cousas, empregar exclusivamente enerxías renovables. Esta responsabilidade polo medio ambiente da Mesquita de Córdoba é só compartida por outros monumentos coñecidos como A Ponte da Torre de Londres (Reino Unido) ou a Torre Eiffel de París (Francia).
E imos co monumento de hoxe!

4. Este monumento do S. VIII a. C. está en Xordania. Saberías dicirnos cal é?
- Ruínas de Petra
- Templo de Abu Simbel
- Templo de Karnak
Mañá a solución e un novo monumento!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org
Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: Kuala Lumpur (Malasia). Estas torres, situadas na capital de Malasia, foron os edificios máis altos do mundo entre 1998 e 2003. O que si ostentan é o primeiro lugar nas torres xemelgas máis altas do planeta. As torres Petronas teñen unha altura de 452 metros e 88 pisos de formigón armado, aceiro e vidro. Contan con 78 ascensores e 32.000 xanelas entre ambas fachadas. Foron deseñadas plo arquitecto arxentino César Pelli e rematadas en 1998.
E imos co monumento de hoxe!

3. Un destes edificios españois está cualificado como ’monumento verde’ e corresponde a imaxe superior. Cal deles é?
- O Real Alcázar de Sevilla
- A Mesquita de Córdoba
- A Sagrada Familia de Barcelona
Mañá a solución e un novo monumento!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org
En galego, as patacas fritas non están *crujientes. Esther Estévez Casado cóntanos que palabra usamos.
#DígochoEu
Onte, comezamos a serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta proposta: A Alhambra de Granada (España). Iste monumento é un complexo monumental sobre unha cidade palatina andalusí situado en Granada. Consiste nun conxunto de antigos palacios, xardíns, convento, igrexa e fortaleza (alcazaba) inicialmente concibido para aloxar ao emir e a corte do Reino nazarí, máis tarde como residencia real Castelá e dos seus representantes. Segundo datos da Organización Mundial do Turismo, a Alhambra de Granada ocupa o oitavo lugar entre os monumentos máis visitados do mundo. As tres primeiras posicións ocúpanas: Nôtre-Dáme (París), a Gran Muralla (China) e a Ópera Sídney (Australia).
E imos co monumento de hoxe!

2. En que cidade asiática atópanse as impoñentes Torres Petronas?
- Nova Deli (India)
- Hong Kong (China)
- Kuala Lumpur (Malasia)
Mañá a solución e un novo monumento!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org Imaxe: imagenesdearquitectos.com
Se lle dis a alguén ’que mono es!’ non lle estás chamando ’bonito’, porque ’mono’ en galego ten outros moitos significados! Esther Estévez Casado acláranolo.
#DígochoEu