CANTO SABES DE MONUMENTOS? V
Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: Ruínas de Petra. Trátase dun importante enclave arqueolóxico de Xordania, localizado entre as montañas que forman as estribacións orientais de Wadi Araba, nun gran val que vai desde o Mar Morto ata o Golfo de Aqaba. Foi unha cidade escavada e esculpida directamente na pedra e os seus restos máis soados son as construcións labradas na mesma rocha do val (hemispeos), os edificios coñecidos como o Khazneh (o Tesouro) e o Deir (o Mosteiro). Fundada no século VIII a. C, foi redescubierta en 1812 polo explorador suízo Jean Louis Burckhardt.
E imos co monumento de hoxe!
5. Que catro rostros aparecen no emblemático Monte Rushmore de Estados Unidos?
-Thomas Jefferson, George Washington, Theodore Roosevelt e Abraham Lincoln.
-Thomas Jefferson, George Washington, John Adams e Abraham Lincoln.
-Thomas Jefferson, George Washington, Franklin D. Roosevelt e Abraham Lincoln.
Mañá a solución e un novo monumento!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org
0 comentarios