REFRANEIRO POPULAR GALEGO DO MES DE XULLO
"En Xullo arder
e patacas coller"
“Pola Santa Mariña,
pousa a sacha
e colle o fouciño” (20 de xullo)
"Por Santiago
pinta o bago" (25 de xullo)
"Cando comenzan as uvas a pintar,
comenzan as mozas a fiar"
"Cando o trigo vai louro,
o muxo vale ouro"
"Cando a mora madura,
xa pinta a uva"
0 comentarios